Opa aí!

DESEÑO GRÁFICO MULTIDISCIPLINAR?

Somos un de deseño

Pois si, tamén somos o típico sitio de deseño gráfico que che ofrece unha fermosa imaxe para a túa marca, un deseño web profesional ou a maquetación do dossier da túa empresa,… pero somos máis, moito máis.

Encántanos colaborar con outras empresas e facer fronte aos moitos e variados proxectos que nos propoñedes a diario. No noso taller contamos con máquinas de gravado e corte con láser de fibra CO2 e MOPA coas que damos solución a multitude de ideas, producindo bonitos recordos perdurables no tiempo.

E QUE FACEDES NESTE SITIO TAN XENIAL?

"Unha viaxe de mil leguas
comeza cun só paso"

Moitos cren que hai que “pensar en grande” pero nós preferimos facelo á nosa maneira e iso permítenos facer cousas moi diferentes e interesantes que nos fan crecer.

E así é, cun pequeno paso, como emprendemos todos os nosos proxectos. Ás veces pode parecer que perdemos o tempo, pero todos os vosos encargos, grandes ou pequenos son importantes para nós.

ASÍ SOMOS

Algún día contarémosvos a historia completa, de momento só dirémosvos que o Señor Lence hoxe tería máis de 100 anos. Dalgunha maneira, a súa figura, a dun verdadeiro artesán, inspirounos, … contaxiounos desa vitalidade que nos move sempre a dedicarlle a cada traballo un pedacito de nós.

Encántannos os proxectos novos e variados, así que se non ves nada que che inspire, non te preocupes, anímate e contacta connosco igualmente, trataremos de dar solución ao teu problema.

Diseño Gráfico

Roi Sóñara

A RECTITUDE DO SAMURAI

Deseñador gráfico, e ... perfeccionista, como non!. Para el o Photoshop é como unha extensión do seu corpo. Mólalle aporrear a batería, xogar á Play e papar series e pelis a esgalla.

Diseño Web

Raquel Gutiérrez

A DETALLISTA REBELDE

Deseñadora gráfica e web e interiorista. Raquel é de espírito inconformista, gústalle todo e nada, iso sí: moi ben feito. É coleccionista de etiquetas e amante do aire libre e a diversión.

Grabado y Corte Láser

Jorge Miquel

O XENIO DA LÁMPADA

Deseñador gráfico. O tolo das máquinas, ás veces un pouquiño Houdini, é o noso Señor das Ideas. Se un circo visita a cidade nunca perde a oportunidade de visitalo. Adora os Playmobil.

Mario Manei

Mario Manei

O MESTRE WEIRDO

Deseñador gráfico e... ¡un artista!. Con sensibilidade e paixón non hai traballo que se lle resista. Dedica parte do seu tempo á música e ao arte do punto permanente. Flípanlle o arte e a moda.

Ir o contido