portfolio-book-trabajos

Deseño Gráfico

Nesta sección poderás atopar algúns dos proxectos máis destacables que realizamos. Temos moitos máis pero, como é obvio, non podemos ensinarchos todos!. Este pequeno espazo engloba traballos de deseño corporativo (logotipos, tarxetas, papelería), editorial (revistas, libros, dossiers de empresa), publicidade (flyers, cartelería), ilustración dixital, e algunhas infografías 3D (renders).

Deseño Web

Pouco que explicar aquí, non? :D. Maquetamos e deseñamos a túa web, páxina corporativa ou tenda online desde cero. Bota un ollo aos proxectos que imos facendo e tal vez atopes algunha pequena inspiración para a túa.

O Taller

Contamos con máquina de gravado e corte láser, impresión ultravioleta ( UVI) de materiais planos, impresión 3D, impresión dixital, sublimación, estampaxe, … e multitude de materiais cos que traballar. Realmente hai poucas cousas que non podamos facer así que aínda que non o vexas aquí, pregúntanos porque seguramente a resposta sexa SI!